Actualidade

O Cemiterio de San Froilán de Lugo, dentro da súa programación teatral anual para 2019, ofrece este domingo día 23 de xuño, ás 17:30, a sexta das súas visitas teatralizadas ao recinto, no cal son os seus moradores, neste caso moradoras, quen ofrece unha visión diferente do camposanto e, ao mesmo tempo, da crónica social e da memoria da cidade a través das súas propias vidas, do seu legado e da pegada deixada. Máis
A visita teatralizada polo Cemiterio Municipal de San Froilán, De quen ves sendo?, programada polo Concello para este domingo, 28 de abril, ás 17:30 horas, aprázase por mor da celebración das Eleccións Xerais. O Concello comunicará en vindeiros días o novo día da celebración desta actividade, que busca dar a coñecer a historia do cemiterio e da cidade a través dos ollos das personalidades que descansan entre os seus muros. Esta programación continúa igual o 19 de maio eo 23 de xuño. Máis
A programación, organizada e feita dende o máis profundo respecto, co obxecto de facer un acompañamento nun día sinalado, arrincará ás 13:00 horas do propio día 19 Máis
Rosana Rielo presentou a programación, que arrincará este domingo. Celebrarase unha ao mes ata xuño, ás 17:30 horas: 24 de marzo, 28 de abril, 19 de maio e 23 de xuño A asistencia é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197 Máis
A intervención, dirixida e adaptada por Paloma Luxilde, será a partir das 18:45 horas; a cargo de Malala Teatro e Escola Palimoco Teatro É unha actividade gratuíta pero é necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios. A recollida destes convites farase mañá martes e o propio mércores, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ata completar aforo Máis
Un centenar de persoas de toda España participan no encontro sobre As Perspectivas da Morte que se celebra entre hoxe e mañá no Vello Cárcere baixo a organización do Concello en colaboración coa Universidade de Santiago Máis