I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria

O Concello de Lugo e a USC veñen de anunciar a convocatoria do I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria: As perspectivas da morte que terá lugar en Lugo os días 30 de novembro e 1 de decembro.

Esta actividade, que se realiza no marco do convenio de colaboración subscrito entre as dúas entidades, pretende profundar no tema da morte, e ven a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo nestes últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria.

O programa abrangue distintos eixes temáticos:

  • Representacións da morte na historia
  • Ritos funerarios e morte nas distintas culturas
  • Antropoloxía da morte.
  • Grandes cemiterios monumentais

En cada un deles tense previsto a realización de conferencias, comunicacións e mesas redondas que terán lugar ao longo destas xornadas que, en definitiva, pretenden crear un foro de debate e estudio das distintas achegas científicas e de investigación que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte.

Bloques temáticos   ·   Comités   ·   Comunicacións   ·   Matriculación   ·   Programa do congreso