O cemiterio de San Froilán acolle unha representación teatral, música e unha ofrenda floral para conmemorar o Día da Nai

Fecha: 03/05/2018
Hora: 00:00h

A Concelleira de Concello e Ciudadanía, Rosana Rielo, anunciu este xoves as actividades para conmemorar o Día da Nai no cemiterio municipal de San Froilán, que terá lugar o 6 de maio. Estas accións enfócanse como un acto de acompañamento para as persoas que, nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha representación teatral no recinto a cargo do grupo Palimocoteatro que realizarán unha lectura dramatizada dun poema acompañado con música clásica. Ademais o Coro Moderno da Escola Municipal de Música de Lugo (SMUL) interpretará tres pezas musicais.

Finalizarase a actividade cunha ofrenda floral das persoas asistentes, para o cal ofreceranse na entrada do cemiterio un pequeno ramo de margaritas a cada persoa visitante.