O Cemiterio Municipal de San Froilán volve acoller teatro este mércores coa interpretación de Don Juanín

Fecha: 10/12/2018
Hora:

O Cemiterio Municipal de San Froilán volve a acoller teatro este mércores, 12 de decembro, coa interpretación de Don Juanín.A intervención, dirixida e adaptada por Paloma Luxilde, será a partir das 18:45 horas; a cargo de Malala Teatro e Escola Palimoco Teatro.

É unha actividade gratuíta pero é necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197. A recollida destes convites farase mañá martes e o propio mércores, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ata completar aforo. Enmárcase ademais dentro dos actos cos que o Concello conmemora o 70 aniversario do camposanto lugués.

A Concelleira de Concello e Cidadanaía, Rosana Rielo, convidou á veciñanza a asistir a esta representación teatral, que se suma ás diversas actividades culturais que os grupos teatrais de Lugo veñen de realizar no Cemiterio de San Froilán nos últimos tempos, co apoio do Concello, e que xa o configuran como un interesante espazo escénico de interpretación e expresión artística, que ademais proporciona unha excepcional harmonía, calma e silencio, elementos de indiscutible valor para unha mellor apreciación e percepción de calquera obra tetral.